Unha peza do 'Telediario TVE', emitida en xuño de 1990, sae da hemeroteca e volve circular nas redes sociais recuperando unha información sobre Marcial Dorado, cinco anos antes das fotografías nas que aparece de vacacións nun iate con Alberto Núñez Feixoo. A reportaxe daba conta da súa detención nunha operación contra o narcotráfico e das sospeitas que pesaban sobre el por parte da xustiza francesa e suíza.
Así é o vídeo de 1990 que recupera unha información sobre Marcial Dorado cinco anos antes das súas fotografías con Feixoo