🌐 WorldLive
Accueil🇪🇸 EspagneÉconomie

Adega advirte que a sentenza sobre o parque de Bustelo non supón un aval ao modelo eólico do Goberno galego

Adega advirte que a sentenza sobre o parque de Bustelo non supón un aval ao modelo eólico do Goberno galego

O Tribunal Supremo estimou os recursos da Xunta da Galiza, Greenalia e a patronal eólica contra a anulación do parque eólico Bustelo ditada polo TSXG, mais Adega advirte de que o fallo "non valida" a política eólica do Goberno galego nin supón o "desbloqueo" do sector ao que se referiu en diferentes ocasións o presidente Alfonso Rueda. A organización ecoloxista sostén que a sentenza cuestiona a argumentación do tribunal galego, pero deixa aberta a revisión caso por caso das avaliacións ambientais aínda pendentes de resolución.